Detrás do outeiro
Detrás do outeiro
de Pedra Furada
había unha vella
que cortaba a viña
que o vello plantara.
E veu o lobo
que comeu a vella
que cortou a viña
que o vello plantara
detrás do outeiro
de Pedra Furada.
E veu o cazador
que matou o lobo
que comeu a vella
que cortou a viña
que o vello plantara
detrás do outeiro
de Pedra Furada.