Aló arriba (varias versións)
Aló arriba, non sei onde,
hai non sei que santo
que rezándolle non sei que
gánase non sei canto.
Aló arriba, naquel monte,
á porta de non sei quen
vin a xa me entendes
non me podo acordar ben.
Aló arriba, non sei onde,
hai non sei que santo
que rezándolle non sei que
gánase non sei canto.
Dise cando alguén vai contar algo pero ten moi poucos datos do que vai contar.
Ángela, de Casanova – Riotorto
Aló arriba, naquel monte,
á porta de non sei quen
vin a xa me entendes
non me podo acordar ben.
Viveiro
Unha vez era un home que ía polo monte, ¿queres que cho conte? M. Barrio – M. Fernández Costas: “Juegos…” Ler máis
Rapadiño de cou cou, pasou polo río e non se mollou, cun peido na testa que fede que apesta. Dise cando se lle corta... Ler máis
Une, dole, tele, candele, somane, badal, chinchín, corropín, conta ben, que son dez. Perrello, de Gaioso – Outeiro de Rei (máis…) Ler máis
Fun ó muíño, o muíño a moer, os ratiños a roer, pillei un polo rabo e leveino ó mercado. E díxome unha muller: – ¿Canto... Ler máis
– ¿Ti onde vas?, rapás do cu “pa tras”. Meninheira, de Pontevedra Ler máis
Se vou a Bueu nun bou vou. Se non vou a Bueu nun bou non vou. Ler máis
O lagarto (máis…) Ler máis
Sei amasar, sei peneirar, sei dar a volta por riba do mar. Dúas persoas (de altura semellante), unha fronte á outra e collidas... Ler máis
Rapás, rapás, que tes o cu “pra tras”, que se o tiveras “pra diante” valerías dous “reás”. Úsase nas mesmas circunstancias nas que... Ler máis
O pisco e mais a carriza trataron unha bailada: cando o pisco daba voltas a carriza punteaba. M. Barrio – X. Lorenzo: “Cantigueiro…” Ler máis
Deixa unha resposta