Ai, que meniña
¡Ai, que meniña,
que nena preciosa!
Despois de lavada,
parece unha rosa;
e este meniño
que teño no colo
despois de lavado
parece un repolo.
¡Ai, que meniña,
que nena preciosa!
Despois de lavada,
parece unha rosa;
e este meniño
que teño no colo
despois de lavado
parece un repolo.
Blanco, Domingo: “A poesía popular…”
Soniño, sono, vente a este ollo, pouquiño a pouco, vénteme a estoutro. O adulto vai acariñando os ollos do/a neno/a. Ler máis
“Entrai” ben devagariño, non vaiades topexar, que está durmindo o meniño, non mo fagades chorar. M. Barrio – X. Lorenzo: “Cantigueiro…” Ler máis
Miña boca que te abres con ganiñas de te abrir, ou é sinal que tes fame ou é que tes que durmir. Cando... Ler máis
Arrolín, arrolán, ¿queres queixo? ¿queres pan?. E se o queres non o negues que as mulleres cho darán. Rico Verea, Manuel: “Tantarantán…” Ler máis
Pimpirindín, pirindín, pirindolo o que non come non ten barrigolo. Tinpirrintín, pirrintín, pirrintola, o que non come non ten barrigola. M. Barrio –... Ler máis
Súa nai vai no muíño e seu pai non ten que darlle e a meniña chora chora, dálle que dálle. A nosa memoria-... Ler máis
Durme, meu solciño, durme, para que eu poida traballar. Teño que lavar os panos, peneirar e amasar. M. Barrio – X. Lorenzo: “Cantigueiro…” Ler máis
Arre ru, arre ru, cunha tranquiña no cu. Morrerán os vellos todos quedaremos eu e “tu”. Rico Verea, Manuel: “Tantarantán…” Ler máis
Arre, cabaliño. Arre, burro, arre. Arre, cabaliño, que chegamos tarde. Tres por riba, tres por baixo, ata que caias do cabalo abaixo. O/a neno/a cabalga na perna... Ler máis
Xan e Pedro foron ó monte. Marchou Xan. Marchou Pedro. Volveu Xan. Volveu Pedro. Xógase batendo cos dedos das dúas mans nunha mesa. Primeiro póñense... Ler máis
Deixa unha resposta