Acuseta, marraneta
Acuseta, marraneta,
que-vas-de-ca-be-za-ó-in-fer-no.
Acuseta, marraneta,
que-vas-de-ca-be-za-ó-in-fer-no.
Xogo para, literalmente, mandar ó inferno un neno que nos acusara de facer algo. Co furabolos e o matapiollos dunha man formando un círculo en posición horizontal, introdúcese alternativamente o furabolos da outra man por baixo e por riba do círculo acompañando os golpes das sílabas: “que-vas-de-…”. O obxectivo é que o dedo índice quede apuntando cara abaixo ó remate da oración. De non ser así, engádese unha frase adicional, do tipo “en-bi-ci-cle-ta”, “en-ca-mio-ne-ta”, etc.
Xabi X. Xardón, de Morgade – Xinzo de Limia
– ¡Dóeme a barriga! – ¡Ráscaa cunha estriga! Para unha queixa infantil bastante cotiá, o adulto responde nun primeiro momento cunha... Ler máis
Fun ó muíño, o muíño a moer, os ratiños a roer, pillei un polo rabo e leveino ó mercado. E díxome unha muller: – ¿Canto... Ler máis
Polo río abaixo polo río arriba polo río abaixo vai unha sardiña; vai unha sardiña, vai un pexegueiro que leva pexegos no mes de xaneiro. M. Barrio... Ler máis
– ¿Quen? – O rabo da “sartén” que frite moi ben. M. Barrio – M. Fernández Costas: “Juegos…” Ler máis
O piollo e mais a pulga foron ó monte cachar e o carrapato pequeno foilles levar o xantar. Agustín Bernárdez: “A nosa memoria-... Ler máis
Novo – ¡Aaah! – ¡Dixo o burro á mañá! Emprégase cando alguén cae da burra, ou sexa, cando entende algo que para... Ler máis
– ¿Que tes na cachola, que tanto te amola? – ¿Que tes na cabeza, que tanto che pesa? Díselle a alguén cando ten... Ler máis
Os suspiros dunha mincha, as bágoas dun mexillón, os cantares dun percebe fan chorar a un camarón. M. Barrio Ler máis
Deixa unha resposta