A serriña serra
A serriña serra,
ti polo mar
e eu pola terra.
A serriña serra,
ti polo mar
e eu pola terra.
Une, dole, tele, candele, somane, badal, chinchín, corropín, conta ben, que son dez. Perrello, de Gaioso – Outeiro de Rei (máis…) Ler máis
Cachola, cachola que vas para a escola. “Cabesa, cabesa, Non des na artesa. Angaso, angaso, Non des nun braso”. Calacú, calacú, Que che dou no cu. A... Ler máis
A linda Barboriña tiña a boca pequeniña e os ollos “moxinetes”: “escápate”, Pauletes. M. Barrio – X. Taboada Chivite: “Etnografía Galega”. Ler máis
Dínculin, dínculin dínculin, dan. ¿Quen morreu? O tío Xan coas ciroliñas na man Dínculin, dínculin, dínculin, dan. Eva Otero, Rianxo Ler máis
Miña boca que te abres con ganiñas de te abrir, ou é sinal que tes fame ou é que tes que durmir. Cando... Ler máis
Serra, compadre, serra, comadre, na serrería do señor abade. M. Barrio Ler máis
Arre, cabaliño, para o Santiaguiño, buscar pan e viño para este meniño. M. Barrio – I. Rielo: “Cancioneiro da Terra Chá (Pol)” Ler máis
Arre, cabaliño. Arre, burro, arre. Arre, cabaliño, que chegamos tarde. Tres por riba, tres por baixo, ata que caias do cabalo abaixo. O/a neno/a cabalga na perna... Ler máis
Este foi ó mar e non pescou nada. Este foi ó mar e pescou unha pescada. Este quedou en terra e... Ler máis
¡Arre, burriquiño! Vamos a Belén. Que mañá e festa, pasado tamén. ¡Arre, arre, arre, que chegamos tarde! M. Barrio – Eladio Rodríguez: “Diccionario…” Ler máis
Deixa unha resposta