Sei amasar,
sei peneirar,
sei dar a volta
por riba do mar.
Dúas persoas (de altura semellante), unha fronte á outra e collidas... Ler máis
Novo
Aí vén Pedro Chosco
por baixo da porta
“dicíndolle” ás nenas
que pousen a roca.
Tamén vén Antón
e dilles que non,
que fíen as... Ler máis
Abeira, vaquiña, abeira,
con tres follas á ribeira:
unha ó cabo,
outra ó rabo
e outra ó rabo
do seu amo.
M. Barrio – I.... Ler máis
Salouco trouco,
vaite de min
e métete noutro.
Díselle aos nenos/as cando teñen un salouco (impo).
Moncho, de Castrelos – Vigo
(máis…)
Ler máis
Xan do Outeiro ten un can
que lle chaman Capitán.
Tamén ten unha cadela
que lle chaman Micaela.
Tamén ten un boi
que lle... Ler máis
– Por que non te cociches, verza?
– Porque non me revolviches, besta.
Dise para aprender que as verzas hainas que... Ler máis
Pasa, Perico,
pasa, Monteiro,
polas portas
dos carabineiros.
O de diante
corre moito.
O de atrás
aí quedará.
Ler máis
Unha pega merga, reborderga,
gorda, rebirigorda,
acotobelada e xorda
cría pegos mergos, rebordergos,
gordos, rebirigordos,
acotobelados e xordos.
Se non criase pegos mergos, rebordergos,
gordos, rebirigordos,
acotobelados... Ler máis
Rato, ratiño,
fai esforzos
e rompe o saquiño.
Lucía e Carla, de Vigo
Ler máis
Molliña, molliña,
na túa cariña.
Mollón, mollón,
no teu carón.
Cóllense as mans do neno ou da nena e, con elas, acaríñanse alternativamente... Ler máis
Deixa unha resposta