Pola porta do tío Xan
pasa o can do tío Miguel,
cunhas polainiñas novas
forradiñas de papel.
Rico Verea, Manuel: ”Cancioneiro…”
Ler máis
– Canto son cinco e cinco?
– Dez.
– Fáltache a albarda, que burro xa es.
Cristalina, de Parderrubias – Ourense
Ler máis
Grilo, grilo,
sae á porta
que che están
roubando na horta.
M. Barrio – I. Rielo: “Cancioneiro…”
(máis…)
Ler máis
Bate, meu leite,
na cántara nova
con tres pelouriños
e mais o da roda.
Este dito acompaña o labor de bater o leite... Ler máis
Ris, ras
aparta “pa” alá
que perdo o compás.
O adulto colle o/a neno/a no colo e abanéao para os lados. Ó... Ler máis
– Como che vai, Sindo?
– Ás veces chorando,
ás veces rindo.
Geni e Elena, de Alxén – Salvaterra
Ler máis
“Padrenuestro,
que estás en los cielos”.
Ábreme a porta
que traio xurelos.
Helena de Soutomaior.
Ler máis
– E coñeces a Xan?
– Que Xan?
– O que ten cara de can,
paspón, leiliño, entroido.
– E coñeces a Pedro?
–... Ler máis
Este olliño pimpilín.
Este olliño pimpilán.
Este nariz narizán.
Esta boca pide pan.
Este queixo non llo dá.
¡Arríncate, cabalán!
Mentres di o recitado, o... Ler máis
Cabaliño que vas de a cabalo,
sete muxicas che peten no rabo.
Sete por riba,
sete por baixo,
alá vai (nome do neno/a)... Ler máis
Deixa unha resposta