A chuvia
Chove, chove
na casa do pobre.
Neva, neva
na cas de Varela.
Xea, xea
na cas de Garea
Trona, trona
na cas de Ramona.
Pinga, pinga
na casa de Minga
Vaite chuvia,
vente sol,
polos campos de Ferrol
que te chama
teu padriño
para arrolar
o meniño
que che ha de dar
pan e viño.
¡Ai, como chove!
¡Ai, como trona!
¡Ai, unha vella
tocando a zanfona!
Chove, chove
na casa do pobre;
pinga, repinga
na casa de Dominga
e orballa, orballa
na casa da Rosaria.
Vente chuvia, vaite sol,
polos campos de Ferrol;
unha vaca parideira
con tres olas de manteiga;
unha pola para pór,
un galo para cantar,
unha porquiña rabela,
para facer o xantar.
Vaite chuvia,
vente sol,
polos campos de Ferrol,
unha vaquiña marela,
un becerriño atrás dela,
un galiño cantador,
canta como un reiseñor.
Chove, rechove
na casa do pobre,
chuvisca, chuvisca
na casa da pisca.
Deixa unha resposta