Resultados da busca - reis

Á unha, Virxe pura

Á unha, Virxe pura,
ás dúas, mans de Deus,
ás tres, San Andrés,
ás catro, San Ignacio,
ás cinco, pego un brinco,
ás seis, cantas os reis,
ás sete tira polo meu carrapichete,
ás oito, un biscoito,
ás nove, canta a burra e bebe,
ás dez, salta outra vez,
ás once, chama o conde,
ás doce lle responde:
“Paxariños a piar e as súas nais a voar”.

É unha canción para saltar á corda que pode ter uns 300 anos de antigüidade, pois a avoa da informante que no ano 2015 tería 105 anos, aprendeuna da súa bisavoa.

Loli Otero Conde, de Bamio – Vilagarcía de Arousa

Á unha, sae a Lúa

Á unha, sae a Lúa,
ás dúas, sae o Sol,
ás tres, ti ben o ves,
ás catro, non sei canto,
ás cinco, de viño branco faise tinto,
ás seis, cantan os reis,
ás sete, tira Pepe
e de sete para riba, tira Pepe tira,
ás oito, de pan de trigo faise biscoito,
ás nove, non casa a muller sen o home,
ás dez, non vai a cabra para o monte sen pés,
ás once, pasa o río por debaixo da ponte,
ás doce, non hai porco que non foce,
ás trece non hai crego que non rece,
ás catorce, ti retorce.

Meninheira, de Pontevedra

Ilustración do dito

Elas eran once damas

Elas eran once damas,
todas amigas do “xuez”,
pegou o tángano-mángano nelas,
non quedaron senón dez.
Daquelas dez que quedaron
foron a xulgar ó pobre,
pegou o tángano (…etc.)
non quedaron senón nove.
Destas nove que quedaron
deron en comer biscoito,
pegou (…etc.)
non quedaron senón oito.
Destas oito que quedaron
deron en ir a San Vicente
pegou (…etc.)
non quedaron senón sete.
Destas sete que quedaron
deron en cantar os Reis,
pegou (…etc.)
non quedaron senón seis.
Daquelas seis que quedaron
deron en beber viño tinto,
pegou (…etc.)
non quedaron senón cinco.
Destas cinco que quedaron
deron en comer nun prato,
pegou (…etc.)
non quedaron senón catro.
Destas catro que quedaron
deron en ir a Santo Andrés,
pegou (…etc.)
non quedaron senón tres.
Daquelas tres que quedaron
deron en comer nas uvas,
pegou (…etc.)
non quedaron senón dúas.
Destas dúas que quedaron
deron en andar á tuna,
pegou (…etc.)
e non quedou senón unha.

Blanco, Domingo: “A poesía popular…”

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies