Síguenos

Con esta páxina queremos difundir a literatura popular infantil de Galicia para que siga sendo unha ferramenta educativa e de lecer para os/as galegos/as do século XXI.

Comparte

Na lingua galega hai infinidade de ditos, recitados, cancións, etc. que acompañaron desde hai séculos as brincadeiras dos/as nenos/as ou as relacións entre os membros maiores da familia e os máis pequenos.

Participa

Animámosvos a participar neste proxecto achegándonos os ditos, recitados e cancións que coñezades e gozando cos que aquí descubrades.

Ditos recentes

Pedra, pedriña

Pedra, pedriña, ben redondiña. Tirulirulá, tiruliruliña. Sentados no chan en círculo as nenas e nenos participantes con cadansúa pedriña diante, pásanlle esta ao... Ler máis

Cantámosche os “reises”

Cantámosche os “reises”, guedellos de cabra, cantámosche os “reises”, non nos deches nada. Cando na véspera do día de Reis se cantan os... Ler máis

¿Orella ou cacho?

Novo – ¿Orella ou cacho? – Orella. – Tirar por “ella”. – ¿Cacho ou orella? – Cacho. – Tira, “muchacho”. O adulto cóllelle unha orella ó/... Ler máis

Que horas son?

– Que horas son? – As de onte por estas horas, se es burro/a cóntaas todas. – Burro/a serei, pero en... Ler máis

Tu e eu somos dous

– Tu e eu somos dous. – E o can e o gato, “cuatro”. Este dito serve para reforzar a unión... Ler máis

¡Aaah! ¡Dixo o burro á mañá!

Novo – ¡Aaah! – ¡Dixo o burro á mañá! Emprégase cando alguén cae da burra, ou sexa, cando entende algo que para... Ler máis

Sete varas de pano pardo

Novo Sete varas de pano pardo, madre, escasa capa lle fan a un frade. Ispa esa escasa capa parda, frade. María Pepa, de... Ler máis

Molliña, molliña

Molliña, molliña, na túa cariña. Mollón, mollón, no teu carón. Cóllense as mans do neno ou da nena e, con elas, acaríñanse alternativamente... Ler máis

Ditos ao chou

A gaivota

– Gavota, gavota, ¿que levas no boche?
– Sardiñas asadas.
– ¿E quen chas asou?
– A nosa presidenta,
María Coucou.
Pasou polo río
e non se mollou.
Arao, arao,
cabeza de pau,
arao arao,
cabeza de pau.

Carlos Salgueiro, de Moaña.

(máis…)

Que é orella pendella?

Con esta páxina queremos difundir a literatura popular infantil de Galicia para que siga sendo unha ferramenta educativa e de lecer para os/as galegos/as do século XXI.

Na lingua galega hai infinidade de ditos, recitados, cancións, etc. que acompañaron desde hai séculos as brincadeiras dos/as nenos/as ou as relacións entre os membros maiores da familia e os máis pequenos. (máis…)

O entroido

¡E víndeo ver!
¡E víndeo ver!
O vello Entroido
que está teso e doido
ó pé do carballo,
sentado nun tallo
¡sen ter que facer!
¡E víndeo ver!
¡E víndeo ver!

M. Barrio – A. Mª de la Iglesia: “El idioma…”

Variante: En vez dos dous últimos versos:
Víndeo ver
que xa está para morrer.

M. Barrio – E. Rodríguez: “Diccionario”.

(máis…)

Portada de Canta Connosco

Portada do disco Zaragallada

Portada de Pan de millo