Esta leira é túa?
– Esta leira é túa?
– É.
– E esta?
– Tamén.
– Pois… arrinca este marco!
– Esta leira é túa?
– É.
– E esta?
– Tamén.
– Pois… arrinca este marco!
O adulto colle entre os seus dedos indicador e medio as fazulas (leiras) do/a neno/a. Primeiro unha e despois a outra. Cando di “¡arrinca este marco!” fai coma quen que lle arrinca o nariz cos devanditos dedos e introduce entre eles o seu propio pulgar.
A orixe deste dito está ligada á distribución e ó valor tradicionais da propiedade da terra en Galicia.
A pon, pon. A pon, pon, diñeiriño no bulsón. Búscao aquí, búscao alí. O diñeiro está aquí. O adulto fai que o/a neno/a forme unha... Ler máis
Aserrín, aserrán os madeiros de San Xoán. Os de enriba serran ben e os de embaixo: Tamén, tamén, tamén. Co/a meniño/a sentado/a no colo, collémolo/a polas mans... Ler máis
Ai ah, ai ah. Andan os porcos no pan. ¿De quen son? ¿De quen son? Son do Señor Capitán. Ai ah, ai ah. Andan os... Ler máis
Filla do Rei, boa moza, “xorobada”, tiñosa, filla do Rei… O adulto vai sinalando os botóns da chaqueta, da camisa, blusa… Tamén se pode... Ler máis
Rivi, rivi, rivirola, se non queres calar, chora. Rico Verea, Manuel: “Tantarantán…” Ler máis
Orelliña, vaite á leña. Que chova, que neve, non veñas sen ela. A persoa maior colle cos dedos a orelliña do/a neno/a... Ler máis
Reirrei, ¿cantos anos vivirei? Vinte e cinco, non o sei. Un, dos, tres… M. Barrio F. Lanza: “Falan…” (máis…) Ler máis
Pepe repepe, camisa rachada, foi á Coruña lamber a pescada. Lambeu e lambeu e nunca se encheu. Pepe repepe, camisa cagada, foi ó regueiro e tróuxoa mexada. (máis…) Ler máis
Este foi ó mar e non pescou nada. Este foi ó mar e pescou unha pescada. Este quedou en terra e... Ler máis
Deixa unha resposta