– ¿Canto son vinte e vinte?
– “Cuarenta”.
– “Cagallós pra” quen os quenta.
– Quen os quenta non está “eiquí”.
“Cagallós pra”... Ler máis
Remuíño, remuíño,
“atopín” un gran de millo
e “levino” ó muiño.
Tres ratiños a comer,
“agarrinos” polo rabo
e “levinos” a Santiago.
De Santiago a... Ler máis
https://orellapendella.gal/wp-content/uploads/2008/11/predicame_cura.mp3
Predícame, cura,
predícame frade;
por un oído me entra,
por outro me sae.
Ler máis
Margaridiña, ten un gatiño,
coas orelliñas de trapiño
e os olliños de cristal.
¡Pobriño o animal,
cando vai comer o sal!
Díselles ás que... Ler máis
¡Mira alí arriba, naquel piricouto!
-¿Que?
– Hai un vello cagando por outro.
Caraoucou, de Velle-Ourense
Ler máis
https://orellapendella.gal/wp-content/uploads/2008/11/toca_palpinhas.mp3
Toca palmiñas,
que vén o papá.
Toca palmiñas,
que logo virá.
O adulto recita dando palmas para que o/a neno/a o imite.
M. Barrio... Ler máis
Novo
– ¡Aaah!
– ¡Dixo o burro á mañá!
Emprégase cando alguén cae da burra, ou sexa, cando entende algo que para... Ler máis
¡Picaches, picaches,
que tunda levaches!
Díselle a alguén a quen lle acabamos de gastar unha pequena broma.
Anadosa, de Vigo
Ler máis
O pisco e mais a carriza
trataron unha bailada:
cando o pisco daba voltas
a carriza punteaba.
M. Barrio – X. Lorenzo: “Cantigueiro…”
Ler máis
https://orellapendella.gal/wp-content/uploads/2008/11/paspallas.mp3
Pas-pallás – Por aí ben vas.
Pim-pim – Por aí non vin.
M. Barrio – J. Casal y Lois: “Cancionero…”
(máis…)
Ler máis
Deixa unha resposta