Xan e Pedro

Xan e Pedro

Xan e Pedro
foron ó monte.
Marchou Xan.
Marchou Pedro.
Volveu Xan.
Volveu Pedro.

Xógase batendo cos dedos das dúas mans nunha mesa. Primeiro póñense nas uñas dos dous dedos índices cadanseu adhesivo (un é Xan e o outro é Pedro) e bátese con eles enriba da mesa, un despois do outro (os demais dedos teñen que estar recollidos na man) mentres se di o recitado. No momento en que se di “Marchou Xan” hai que cambiar de dedo e pousar o dedo do medio desa man agochando o que ten o adhesivo. Faise o mesmo co outro cando se di “Marchou Pedro”. Despois, ó dicir “Volveu Xan” vólvese poñer o dedo índice encol da mesa e o mesmo con Pedro.

Compáteo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies