¡Tranquilo! (varias versións)
-¡Tranquilo!
-Tranquilo morreu cagando agarrado a un pé de millo
e súa nai esperando por el no camiño.
– ¡Tranquilo!
-¡Tranquilo morreu “caghando”!
pero peor foi seu irmán,
¡que morreu mirando!
-¡Tranquilo!
-Tranquilo morreu cagando agarrado a un pé de millo
e súa nai esperando por el no camiño.
É a contestación para cando nunha conversa che din: “¡Tranquilo!”.
Anxo, de Orro – Noia
– ¡Tranquilo!
-¡Tranquilo morreu “caghando”!
pero peor foi seu irmán,
¡que morreu mirando!
Cando no transcorrer dunha conversa ou discusión alguén nos di “’¡Tranquilo!” respondemos con esta frase.
Olizinho de Noia
O pisco e mais a carriza trataron unha bailada: cando o pisco daba voltas a carriza punteaba. M. Barrio – X. Lorenzo: “Cantigueiro…” Ler máis
Aceiteira, vinagreira, chas con ras, dar sen dar, dar sen falar, dar un belisquiño no cu e botar a escapar. Rosa Fernández Carrera, de Tomiño (máis…) Ler máis
“Padrenuestro, que estás en los cielos”. Ábreme a porta que traio xurelos. Helena de Soutomaior. Ler máis
– ¿Quen? – O rabo da “sartén” que frite moi ben. M. Barrio – M. Fernández Costas: “Juegos…” Ler máis
– Piruchiño, queres pan? – Quero, se mo dan. – Vai buscar o coitelo! – Pois “logho” non quero. Díselle ós nenos/as cando... Ler máis
Caracol, col, col, bota os cornos ó sol que a túa nai e o teu pai os botaron en Ferrol. Roberto – Ponte... Ler máis
Rosiña foi a París nun cabalo gris ó paso, ó trote, ó galope, galope, galope. O/a neno/a cabalga sentado na perna do adulto... Ler máis
Antón, Antón, Antón Peruleiro, cadaquén, cadaquén, que atenda ao seu xeito, e o que non o atenda, pagará unha prenda. Ler máis
¡Picaches, picaches, que tunda levaches! Díselle a alguén a quen lle acabamos de gastar unha pequena broma. Anadosa, de Vigo Ler máis
“Chaval”, aperta o cu e dálle ó pedal. Díselles ós que pasan pola estrada en bicicleta, pedaleando costa arriba, cansos polo... Ler máis
Deixa unha resposta