Touporroutou

Ilustración do dito

Touporroutou


– Touporroutou, vou para Roma.
Touporroutou, por unha corredoira.
– Touporroutou, ¿que vas buscar?
– Touporroutou, unha presa de sal.
– Touporroutou, ¿para que é o sal?
– Touporroutou, para botarlles ás verzas.
– Touporroutou, ¿para que son as verzas?
– Touporroutou, para botarlle ó caldo.
– Touporroutou, ¿para que é o caldo?
– Touporroutou, para botarlles ás galiñas.
– Touporroutou, ¿para que son as galiñas?
– Touporroutou, para poñer ovos.
– Touporroutou, ¿para que son os ovos?
– Touporroutou, ¡para comelos todos!.

Xeralmente, nestes recitados dialogados, o/a neno/a fai as preguntas e a persoa adulta responde. Reprodúcese a curiosidade natural dos/as nenos/as por saber para que serven as cousas. É frecuente que rematen cunha exclamación coa que o adulto, xa canso, intenta poñer fin á restra de preguntas. O ritmo, claramente marcado pola onomatopea “touporroutou”, é o propio das pandeiradas tradicionais de Galicia.

Compáteo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies