Tintirintín, tintirintolo (varias versións)
Titiritiña, titiritolo,
o que non come non ten barrigola.
Titiritiña, titiritón,
o que non come non ten barrigón.
Tintirintín, tintirintolo
o que non come non ten barrigolo.
Titiritiña, titiritolo,
o que non come non ten barrigola.
Titiritiña, titiritón,
o que non come non ten barrigón.
Kiwita
Tintirintín, tintirintolo
o que non come non ten barrigolo.
Navia de Suarna
Palma, repalma “chica” morena. ¿Como a queres, grande ou pequena? – Grande – ¡Pumba! – Pequena – ¡Tin! (máis…) Ler máis
Hora, meniño, hora, miniño, que están as sopas no “caceroliño”. Meniño e hora, se non queres calar chora. M. Barrio – V. Risco: “Etnografía…” Ler máis
Súa nai vai no muíño e seu pai non ten que darlle e a meniña chora chora, dálle que dálle. A nosa memoria-... Ler máis
Cachola, cachola que vas para a escola. “Cabesa, cabesa, Non des na artesa. Angaso, angaso, Non des nun braso”. Calacú, calacú, Que che dou no cu. A... Ler máis
Esta testa testalán, estes ollos pete, pete, este “narís narisán”, esta boca pide pan, este queixo queixolán. ¡Turra polo capitán! Isto fáiselle a un meniño,... Ler máis
Arrolín, arrolán, ¿queres queixo? ¿queres pan?. E se o queres non o negues que as mulleres cho darán. Rico Verea, Manuel: “Tantarantán…” Ler máis
Arrurrú, coa tranca no cu. Morreu teu pai e “quedache tu”. Arruallo para durmir os/as nenos/as mentres se lles bate amodiño no cu. Xabi... Ler máis
Imos de paseo co gato no seo e se nos rabuña cortámoslle as uñas; e se nos mauea cortámoslle as meas. Cóllese o/a meniño/a polas... Ler máis
Río Miño, vai caladiño, non me espertes o meu meniño. M. Barrio – V. Risco: “Etnografía…” Ler máis
Tris, tras, a estopa urdirás co pé para adiante co cu para atrás. M. Barrio – J. Pérez Ballesteros: “Cancionero…” Ler máis
1 Comentario
Cando neno, a miña bisavoa collíame no seu colo e cantábame esta cantiga desta forma:
Este meniño que teño no colo
e dun amor que lle chaman Manolo,
Este meniño que teño no brazo
e dun amor que lle chaman Inacio.
Tan parrantán parrantán parrantiñás
o que non come non ten barriguiñas,
tan parrantán parrantán parrantolas,
o que non come non ten barrigolas.
Ela era de San Pedro de Nos (A Coruña) nacida nos anos 70 do século XIX.