Ris, ras (varias versións)
Ris, ras
aparta “pa” alá
que perdo o compás.
Ris, ras
aparta, mi madre,
que perdo o compás.
Ris, ras
aparta “pa” alá
que perdo o compás.
O adulto colle o/a neno/a no colo e abanéao para os lados. Ó rematar o recitado, tras repetilo varias veces, fai coma quen que o lanza ó aire. Ou ben estando o/a neno/a sentado/a no colo fronte a fronte cólleo polas mans e arrandéao para diante e para atrás.
Este recitado tamén pode acompañar un xogo entre dous nenos máis maiores que fan unha especie de serra cun cordel fino.
Ris, ras
aparta, mi madre,
que perdo o compás.
Grilo, grilo, sae á porta que che están roubando na horta. M. Barrio – I. Rielo: “Cancioneiro…” (máis…) Ler máis
– ¿Canto pesas? – Cen artesas. – ¿Canto vales? – Cen “reales”. – Tírate alá que non os vales. M. Barrio – Bouza Brey:... Ler máis
Toca a corneta, toca o berimbao, o neno bonito ten o cu de pau. M. Barrio – M. Fernández Costas:: “Juegos… Ler máis
Queres que che faga a boaventura? A boaventura que Deus che ha de dar, se che pica a mosca terás que rascar. O adulto... Ler máis
Gancho reviragancho, que tanto revigarancheaches, deixa que te desreviraganchee con este desreviraganchiño que teño para desreviraganchear ganchos reviragancheados nas ramas do carballal. Ler máis
Pola cheminea enriba vai un foguete e ó que se descoida cáelle un “cachete”. M. Barrio – F. Lanza: “Falan os de Ribadeo…” Ler máis
Febreiriño corzo, cos seus vinte e oito, se dura máis catro, non queda can nin gato, nin rato dentro do burato. Esther, de Ourense ... Ler máis
¡Ai, que meniña, que nena preciosa! Despois de lavada, parece unha rosa; e este meniño que teño no colo despois de lavado parece un repolo. Blanco, Domingo:... Ler máis
Durme tu ben, meu meniño, que teu pai vai no mercado; hache de “traguer” as roscas e un tiroliro furado. M. Barrio –... Ler máis
Na banda de aló do río, ten meu pai un castiñeiro que dá castañas en maio, uvas brancas en xaneiro. Rico Verea, Manuel:... Ler máis
Deixa unha resposta