¿Quen?
– ¿Quen?
– O rabo da “sartén”
que frite moi ben.
– ¿Quen?
– O rabo da “sartén”
que frite moi ben.
M. Barrio – M. Fernández Costas: “Juegos…”
Cinco lobiños ten a loba brancos e negros detrás da “escoba”. Cinco quería, cinco criaba e a todos os cinco tetiña lles... Ler máis
¡Dente fóra, “caghallón” na cova! Cando lle cae un dente ó/á neno/a, tírase por riba do forno e dise así. Avó Antonio,... Ler máis
Polo río abaixo polo río arriba polo río abaixo vai unha sardiña; vai unha sardiña, vai un pexegueiro que leva pexegos no mes de xaneiro. M. Barrio... Ler máis
– ¡Xa comín! – ¡Xacomín era gaiteiro! – ¡E Xabebín, tamborileiro! Cando o meniño/a non quere comer máis e di: “¡Xa comín!”,... Ler máis
Camisa de fóra, métea dentro que xa é hora. M. Barrio – M. Fernández Costas: “Juegos…” Ler máis
– Ten tinta, Antón? – Tinta Antón ten. Ler máis
Man morta, man morta, vai petar á túa porta. ¡Pumba! O adulto abanéalle a man ó/á neno/a , que a ten “morta”.... Ler máis
Arrecunca, arrecunca, a cabalo de ti sempre e de min nunca. Iria, Ramón Fontenla e Virtudes Caamaño, de Valiñas – Barro Ler máis
– Unha, dúas, tres e…? – Catro. – Tíralle do rabo ó gato! Mini e Mero Ler máis
Reirrei, ¿cantos anos vivirei? Vinte e cinco, non o sei. Un, dos, tres… M. Barrio F. Lanza: “Falan…” (máis…) Ler máis
1 Comentario
– Xan do Pixo,
cagou pa ti
e pa min non quixo.