Potiquiña, poticar
Potiquiña, poticar.
Este xogo sen pecar.
Potiquiña, poticar.
Este xogo sen pecar.
Este recitado acompaña o xogo do sarillo, que pertence ó grupo dos xogos de habilidade con pelouros ou coias. Participan como mínimo dúas persoas e máximo dez. Utilízanse catro coias. Primeiro lánzanse dúas ou tres coias ó aire e tentan collerse cunha man. Cóntanse as veces que se fai. O normal é facer 50 ou 100. Cando cae algunha coia pérdese. Despois xógáse ó sarillo, que consiste en que das catro coias só se lanza unha. Mentres esa coia permanece no aire, coa man que a vai recoller móvense as outras coias. É o momento en que se canta:”Potiquiña, poticar…” Unha coia hai que facela pasar entre os dedos da outra man, que fan unha especie de ponte. Outra hai que lanzala de maneira que toque o nariz, etc.
Mónica de Escornabois-Trasmiras-Ourense
Nun café rifaron un gato, un, dous, tres e catro. Un, dous e tres, zapatiño inglés. A ver a quen lle toca o número... Ler máis
Uni, doni, treni, canteni, seman, badani, chinchín, carroupín, carroupés, fan des, un burro de catro pés. Luísa, de Vilariño – Agolada Ler máis
Rabo de boi, rabo de besta, dixo meu pai que estaba nesta. Unha persoa garda, ás escondidas, un obxecto pequeno (pedra, caramelo…) nunha... Ler máis
Papaivello, come tripas con farelo (ou de carneiro). M. Barrio – M. Fernández Costas: “Juegos…” Ler máis
Sei amasar, sei peneirar, sei dar a volta por riba do mar. Dúas persoas (de altura semellante), unha fronte á outra e collidas... Ler máis
– ¿Canto pesas? – Cen artesas. – ¿Canto vales? – Cen “reales”. – Tírate alá que non os vales. M. Barrio – Bouza Brey:... Ler máis
Aceiteira, vinagreira, chas con ras, dar sen dar, dar sen falar, dar un belisquiño no cu e botar a escapar. Rosa Fernández Carrera, de Tomiño (máis…) Ler máis
Galiña pintada que andas pola casa de pau en pau. Valor, fedor. Toca, viola. Vai ti para fóra. M. Barrio – M. Fernández Costas: “Juegos…” Ler máis
Chin, chon, caravillón. Dito para acompañar o abaneo da randeeira. Meninheira, de Pontevedra Ler máis
Pico, pico, mazarico, ¿quen che deu tan longo “pico”? Deumo Deus e San Santiago para picar o pan no agro e piquei e... Ler máis
Deixa unha resposta