“Por la señal” (varias versións)

“Por la señal” (varias versións)


“Por la señal”
do papo real,
comín touciño
e fíxome mal.
Papús, papús,
amén, Jesús.



“Por la señal”
do papo real,
comín touciño
e fíxome mal.
Pouseino no prato,
comeuno o gato,
fun atrás del
“con un” zapato.
“¡Me cago no gato!”

Amelia de Forcarei


“Por la señal”
da santa Carnal
comín touciño
e fíxome mal.
Pouseino no prato
e comeumo o gato.
Fun atrás del
e rompín o zapato.

Manuel Cabada Castro, de Sabucedo


“Por la señal
de la canal”,
comín touciño,
e fíxome mal.
Boteino no prato,
comeumo o gato.
Boteino no pozo,
comeumo o raposo.
Papín, papús,
amén, “Jesús”.

Blanco, Domingo: “A poesía popular…”


“Por la señal
de la Santa Carral”,
comín touciño,
fíxome mal.
Boteino no prato,
comeumo o gato.
Boteino no pozo,
comeumo o raposo.
Pegueille un pau,
cagoume na man,
¡“cochino”, marrán!

Loly, de Snoga – Outeiro de Rei


“Por la señal”
da santa carracha,
viña madura,
panciña borracha.
Subín á “figheira”,
enchinme de “fighos”,
“ghracias” a Deus
xa somos “amighos”.

Sara da Cerdeira – A Paradanta


“Por la señal”
de pico carnal.
Fun a Agolada.
Vendín un chourizo
cheo de merda
para a túa afillada.

Sabela Gil

Compáteo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies