Poporroutou (versión do “tantarantán”)

Poporroutou (versión do “tantarantán”)

– Poporroutou, ¿onde vas vella?
– Poporroutou, a Pontevedra.
– Poporroutou, ¿para que vas?
– Poporroutou, a buscar o sal.
– Poporroutou, ¿para que é o sal?
– Poporroutou, para facer as papas.
– Poporroutou, ¿para que son as papas?
– Poporroutou, para “darlle” ós labregos.
– Poporroutou, ¿para que son os labregos?
– Poporroutou, para plantar o millo.
– Poporroutou, para que é o millo?
– Poporroutou, para “darlle” ás galiñas.
– Poporroutou, ¿para que son as galiñas?
– Poporroutou, para poñer os ovos.
– Poporroutou, ¿para que son os ovos?.
– Poporroutou, para darlle ó cura.
– Poporroutou, ¿para que é o cura?
– Poporroutou, para dicir a misa.
– Poporroutou, ¿para que é a misa?
– Poporroutou, para ir ó ceo.
– Poporroutou, para que é o Ceo?
– Poporroutou, para darche… “esto” (un croque).

Esta versión remata cunha sorpresa en forma de golpiño na cabeza para que o/a neno/a pare coas preguntas. Cando se di a onomatopea “poporroutou” equivalente ó “tantarantán” ou ó “touporroutou” das outras versións, pódese reforzar o ritmo golpeando coas mans na barriga, a modo de pandeiro.

Jana de Riveira – Barbanza

Compáteo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies