Polo mar andan as lebres (varias versións)

Polo mar andan as lebres (varias versións)

Polo mar andan as lebres
e polo monte as anguías.
Os peixes polas labradas
cóllense con “angarillas”.
Vámonos de aí, meniña,
que todos van traballar.
A cadela pon os ovos,
a galiña vai ladrar,
as cuncas varren a casa
e a xesta vaise lavar.

Francisca Souto, de Padrón: “A nosa memoria- Marín”


Polo mar andan as lebres,
polo monte andan as troitas;
se che parece mentira,
coma esta haiche moitas.

Rico Verea, Manuel: ”Cancioneiro…”


Polo mar andan as lebres,
polo monte as anguías,
polos labrados os peixes,
polo mar as cotovías.

Rico Verea, Manuel: ”Cancioneiro…”

Compáteo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies