Pepe repepe (varias versións)

Pepe repepe (varias versións)


Pepe repepe,
camisa rachada,
foi á Coruña
lamber a pescada.
Lambeu e lambeu
e nunca se encheu.
Pepe repepe,
camisa cagada,
foi ó regueiro
e tróuxoa mexada.


Pepe Repepe,
camisa rachada,
foi á cociña
lamber a pescada.

Lambeu e lambeu
e nunca se encheu.
Foi ó canizo
e champou un chourizo.


Pepe repepe,
camisa lavada,
foi á ola
comer a tallada.
A tallada estaba fría,
alá vai Pepe de “cagharría”.

A nosa memoria- Marín


Pepe repepe,
camisa rachada,
foi ó pote
comer as talladas.
Tanto comeu
e tanto lambeu
que ata o pote rompeu.

A nosa memoria- Marín


Pepe repepe,
camisa rachada,
foi á cociña
lamber a pescada.
Lambeu e lambeu
e nunca se encheu.
Subiu ó canizo
e chimpou un chourizo.
E cáelle a borralla,
límpao a mingalla.
Deixouno no prato
e comeullo o gato.
E foi tras “dil”,
rompeulle un “cuadril”.
Foi tras dunha xesta
e partiulle a testa.
Foi tras dunha uz,
fíxolle unha cruz.
E díxolle patús, patús,
voume eu e queda “tu”.

M. Barrio – Nicanor Rielo: “Escolma…”

Compáteo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies