Pavís, pavós (varias versións)

Pavís, pavós (varias versións)

Novo

En Pavís, pavós
Pavís, pavós,
a filla do rei,
casada con vós,
merda pra vós,
a quen escolledes
vostedes en vós.

Milucho, de Teis – Vigo


Pavís, pavós,
a filla do rei
casada con vós
en quen escolledes vós.

Lourdes de Camariñas


Pavís, pavós,
a filla do rei,
casada con vós,
escoller en vós.

M. Barrio – L. Prieto: “Juegos infantiles…”


Pavís, pavós,
a filla do rei
casada con vós,
merda “pra” vós,
escollede vós.

Xurxo, Cangas-Moaña

Compáteo

(3) Comentarios

  • Anónimo Reply
    Aínda que a min non me guste moito e cando o usamos co alumnado suprimimos o de “merda para vós”, aquí nesta zona de Cangas e Moaña escóitase moito deste xeito:
    Pavís, pavós,
    a filla do rei
    casada con vós,
    (merda pra vós),
    escollede vós.

    Moitos ánimos con esta iniciativa que me parece formidable e moi necesaria dentro deste labor de recuperación e uso da nosa literatura oral e da nosa cultura, en xeral.
    Moitas grazas e unha moi fonda aperta

    Xurxo

    12/12/2008 at 9:58 a.m.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies