Para rematar historias

Ilustración do dito

Para rematar historias

“… e touporroutou, o conto rematou.”

Rebeca, de Vigo

“… colorín colorado
este conto está rematado…
dun bocado”.

Cando se di “dun bocado” péchase o conto.

Bea, da Coruña

Este conto está contado
e o que o contou queda amolado.

Tamaguelos- Verín


“…e aí vai o meu conto contado
con sete cadelos ó rabo”.

Ángela, de Casanova – Riotorto


“… e colorín colorado
cadelas ó rabo”.

Beo – Malpica de Bergantiños


“… e colorín colorado
o que non levante o cu
é que o ten “estropeado”.

Mariló Fernández Nogueira


“…e acaba este conto
con pan e pementos
e todos contentos”.

Golfiños de Aguiño


E colorín, colorou
este conto rematou.


E colorado, colorín
este conto chegou ó seu fin.


“…e colorin colorou
este conto rematou”.


E colorado, colorín
este conto chegou á súa fin.


“… e colorín colorado
este conto dáse por rematado
e ó quen non levante o cu
quedaralle pegado.


“…e colorín colorete
pola cheminea sae un foguete”.


“… e con “esto” unha vella fixo un cesto”


“… e colorín colorete
polo cu saíu un foguete”.


“… e colorín colorado
este conto está rematado”


“… e colorín colorado
este conto está contado”


“… e colorín colorado
este conto está contado;
e por un lado e polo outro,
ata mañá non hai outro”

Compáteo

1 Comentario

  • Anónimo Reply
    E foron felices e comeron perdices
    09/02/2009 at 7:11 p.m.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies