Palma, repalma (varias versións)
Palma, repalma
“chica” morena.
¿Como a queres,
grande ou pequena?
– Grande
– ¡Pumba!
– Pequena
– ¡Tin!
¿Quen cha manda?
O señor cura,
boa ventura,
rapaza morena
¿grande ou pequena?
Palma, repalma
“chica” morena.
¿Como a queres,
grande ou pequena?
– Grande
– ¡Pumba!
– Pequena
– ¡Tin!
¿Quen cha manda?
O señor cura,
boa ventura,
rapaza morena
¿grande ou pequena?
Mentres recita os catro primeiros versos, o adulto fai círculos co dedo indicador na palma do/a neno/a. Se a resposta é “grande” dálle unha palmada na man. Se a resposta é “pequena” dálle unha palmadiña moi lene ou coa puntiña do dedo no medio da manciña.
Chelo, de Taragoña
– Isto que son orellas ou campás? – Campás. – As campás hai que tocalas ¡Din, dan! ¡Din,dan! – Isto que son... Ler máis
Rivi, rivi, rivirola, se non queres calar, chora. Rico Verea, Manuel: “Tantarantán…” Ler máis
– Tantarantán, ¿para onde vas vella? – Tantarantán, vou para Pontevedra. – Tantarantán, ¿que vas buscar? – Tantarantán, unha carga de sal. –... Ler máis
– Paspallás! Por aí ben vas. – Pim, pim! Por aí non vin. M. Barrio – J. Casal y Lois: “Cancionero…” ... Ler máis
Espeto, espeto, barruleto, que saíu pola porta do vento, a min me bufou a min me cheirou. Rebéntelle o cu a quen o cagou. Díselle ás... Ler máis
Pedra, pedriña, ben redondiña. Tirulirulá, tiruliruliña. Sentados no chan en círculo as nenas e nenos participantes con cadansúa pedriña diante, pásanlle esta ao... Ler máis
Gancho reviragancho, que tanto revigarancheaches, deixa que te desreviraganchee con este desreviraganchiño que teño para desreviraganchear ganchos reviragancheados nas ramas do carballal. Ler máis
Este meniño pequeno quen o ha de aturular, súa nai vai no muíño e seu pai vai traballar. Ea, ea, ea… A nosa memoria-... Ler máis
Este bico bicolán. Esta boca come pan. Este ollo pirulete. ¡Arráncate cabalete! Puchinocativo, de Cervo Ler máis
Deixa unha resposta