Ola!
– Ola!
– Non é pote nin cazola.
– Ola!
– Non é pote nin cazola.
M. Barrio – M. Fernández Costas: “Juegos…”
Xan xaranxán, dacabalo dun can, o can era coxo e tirouno nun toxo, o toxo era bravo e tirouno nun prado, o prado era fondo e... Ler máis
O pisco e mais a carriza trataron unha bailada: cando o pisco daba voltas a carriza punteaba. M. Barrio – X. Lorenzo: “Cantigueiro…” Ler máis
Catro bois e catro vacas soben carro costa arriba; non hai home nesta terra que catro veces o diga… (ata dicir catro veces). Ler máis
Toca palmiñas, que vén o papá. Toca palmiñas, que logo virá. O adulto recita dando palmas para que o/a neno/a o imite. M. Barrio... Ler máis
– Quen cho dixo? – Xan do Pixo, cagou “pa” ti e “pa” min non quixo. Ler máis
¡Picaches, picaches, que tunda levaches! Díselle a alguén a quen lle acabamos de gastar unha pequena broma. Anadosa, de Vigo Ler máis
– Dimas e damas foron ó mar Dimas caeu, ¿Quen quedou? – Damas. – Pois, tómaas. Cando o/a neno/a di “damas” o adulto dálle unha... Ler máis
Vou contar catro mentiras: polo mar andan as lebres e nos montes as sardiñas. Son un triste pasaxeiro que vai polo seu camiño: nas... Ler máis
Man morta, man morta, vai petar á túa porta. ¡Pumba! O adulto abanéalle a man ó/á neno/a , que a ten “morta”.... Ler máis
Deixa unha resposta