O raposo

O raposo

Ó rapa raposo
do cu piolloso,
non comas o año
de Pedro Castaño,
que vai na ribeira
buscar a manteiga
“prá” mulleriña,
que a ten paridiña
na porta da eira.
Un fillo varón,
que lle chaman Antón,
pelico de cabra
e fol de castrón.

Serafina Riveiro, de Brandomil – Zas


Pedro milmañas,
¿ris ou regañas?.

Pablo dos Vientos, de Luaña


Esas son outras,
dixo o raposo polas poutas.

Lucas, de Taboada


Arrapa, raposo,
e avanta no toxo.
E deixa a galiña
da miña veciña
que ten dous pitiños
que quedan orfiños.
Arrapa e arrapa
que a dona te atrapa
e bótache os cans
correndo detrás.

M. Barrio – E. Rodríguez: “Diccionario…”


Arriba, raposo,
que estás tras do toxo,
non comas o año
de Pedro Castaño
que vai na ribeira
catar a manteiga
para a vella parida
que está na silveira
cun feixe de estrelas
queimando as canelas.

M. Barrio – F. maciñeiras: “Literatura popular…”


Raposo, raposo
do cu piolloso,
non comas o año
de Pedro castaño,
que vai na ribeira
buscar a manteiga
para a muller
que está parideira
na porta da eira
cun fillo varón
chamado Antón
e outro tamaño
como un perillón.

M. Barrio – J. López de la Vega: “ La poesía portuguesa y la gallega”.


Arrapa, raposo,
na cima do toxo,
non mates a aña
de Pedro Castaña
que vai na ribeira
buscar a manteiga
e un pouco de mel
para dar á muller
que deixa parida
na porta da vila
cun fillo varón
e outro ladrón.
Bátelle, bátelle
no cu cun tizón.

M. Barrio – Tomo IV da “Biblioteca…”

Compáteo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies