Tris, tras,
a estopa urdirás
co pé para adiante
co cu para atrás.
M. Barrio – J. Pérez Ballesteros: “Cancionero…”
Ler máis
Aperta, aperta,
corazón de “manteca”.
Díselle ó/á neno/a para lle pedir un bico ou mentres se lle dá.
Virtu de Melide
(máis…)
Ler máis
Arronrón,
cascarrón.
A mamá,
na vendima.
O papá,
no carbón.
Cántase facendo énfase nas consoantes para durmir os pequenos.
Mercedes Fernández Rodríguez, do Saviñao
Ler máis
Este foi ó mar e non pescou nada.
Este foi ó mar e pescou unha pescada.
Este quedou en terra e... Ler máis
Palma, repalma
“chica” morena.
¿Como a queres,
grande ou pequena?
– Grande
– ¡Pumba!
– Pequena
– ¡Tin!
(máis…)
Ler máis
Durme, meu solciño, durme,
para que eu poida traballar.
Teño que lavar os panos,
peneirar e amasar.
M. Barrio – X. Lorenzo: “Cantigueiro…”
Ler máis
Home que estás detrás da porta cos pés na lama,
vaite de aquí, que está o pai do neno na... Ler máis
Imos de paseo
co gato no seo
e se nos rabuña
cortámoslle as uñas;
e se nos mauea
cortámoslle as meas.
Cóllese o/a meniño/a polas... Ler máis
E, neniña, e,
que che hei dar o té
e mais as papiñas
nun cacharolé.
Rico Verea, Manuel: “Tantarantán…”
Ler máis
Un, dous, tres, catro,
cinco, seis, sete, oito,
nove, dez, once, doce,
trece, catorce, quince, dezaseis,
dezasete, dezaoito, dezanove e vinte,
vinte e unha,... Ler máis
Deixa unha resposta