O caracol

Ilustración do dito

O caracol

Caracol, col, col,
bota os cornos ó sol
que a túa nai e o teu pai
os botaron en Ferrol.

Roberto – Ponte do Porco – Miño


Caracol, col, col
bota os teus cornos ó sol.

M. Rico: “Tantarantán”


Caracol, col, col
bota os corniños ó sol
para min e para ti,
para o rei que vén aquí,
que te veñen a matar
cun coitelo do mar.

M. Barrio – A. Mª de la Iglesia: “El idioma…”


Caracol, caracol,
bota os corniños ó sol
que se non te matarei
coa espadiña do rei.

M. Barrio – M. Fernández Costas: “Juegos…”


Caracoliño,
bota os teus corniños fóra
que se non te matarei
coa espada do meu rei.

M. Barrio – J. Casal y Lois: “Cacionero…”


Caracola, caracola
bota os corniños de fóra,
que se non te matarei
coa espadiña do rei.

Compáteo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies