O arco da vella

Ilustración do dito

O arco da vella

Arco da vella,
vaite de aí
que andan os porcos
a fozar en ti.

A nosa memoria- Marín


Arco da vella,
vaite de aí
que as nenas bonitas
non te queremos aquí.

Marga da Estrada


Arco da vella ó levante,
¡ei, boi, para adiante!.
Arco de vella ó poñente,
colle os bois e vente.

Matilde de Santiago


Arco da vella
vaite de aí
que as nenas guapas (1)
non son para ti.

(1) Variante: “bonitas”

M. Barrio – Terra de Melide. Inclúe música.


Arco da vella
vaite de aí,
que andan os sapos
enriba de ti.

M. Barrio – J. Casal y Lois. “Cancionero…”


Arco de vellas,
¿que fas aí?
que está túa mai
chamando por ti
cun ramallo de loureiro
para che bourar o pandeiro.

M. Barrio – X. Alonso Montero: voz “Arco da vella” na “Gran Enciclopedia Gallega”.


Arco da vella
e tres darredor,
pica na pedra
que mañá raia o sol.

M. Barrio – X. Alonso Montero: voz “Arco da vella”…


Arco da vella,
revírate, pedra, (pedrazo ou sarabia)
non botes chuvia
nin pingadela.

M. Barrio – X. Alonso Montero: voz “Arco da vella”…


– Arco da vella,
faime un arado.
– Non fago, non,
que non teño machado.

M. Barrio – X. Alonso Montero: voz “Arco da vella”…


Arco da vella
vai á túa terra
que andan os porcos,
a fozar nela.

M. Barrio – J. Casal y Lois: “Cancionero…”

Compáteo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies