Maragato pato
Maragato pato,
fillo dunha chincha.
Cando o galo canta,
o maragato rincha.
Maragato pato,
fillo dunha chincha.
Cando o galo canta,
o maragato rincha.
Montse Ginesta: “Trabalinguas… ”
Tío enquirquillado non se desenquirquilla ben. Xoaniña, a desenquirquilladeira, que o veña desenquirquillar. Ler máis
Corchete que estás na corcheta, ¿desencorchetácheste xa? O desencorchetador que te desencorchete bo desencorchetador será. Ler máis
Debaixo dunha pipa tinta hai unha pita pinta; cando a pipa tinta pinga, a pita pinta pía. Xirarga, de Beluso-Bueu Ler máis
Novo Sete varas de pano pardo, madre, escasa capa lle fan a un frade. Ispa esa escasa capa parda, frade. María Pepa, de... Ler máis
Unha pega merga, reborderga, gorda, rebirigorda, acotobelada e xorda cría pegos mergos, rebordergos, gordos, rebirigordos, acotobelados e xordos. Se non criase pegos mergos, rebordergos, gordos, rebirigordos, acotobelados... Ler máis
hai un lobo rubio roendo un loro rubio. ¡Roe, lobo rubio, roe nese loro rubio! Ler máis
– ¿Acórdache a corda? – ¡Acorda a corda! Amelia de Forcarei. Ler máis
Cinco guifos novos mafigaños amafigañaron unha guifa vella mafigaña e veu o guifo vello mafigaño e amafigañou os cinco guifos novos mafigaños porque... Ler máis
A pita pasa, a pipa pinga. Cando a pita pasa, a pipa pinga. Serafín A., de Celanova Ler máis
Catro bois e catro vacas soben carro costa arriba; non hai home nesta terra que catro veces o diga… (ata dicir catro veces). Ler máis
Deixa unha resposta