¿Isto que son orellas ou campás? (Varias versións)

¿Isto que son orellas ou campás? (Varias versións)


– ¿Isto que son orellas ou campás?
– Campás.
– As campás hai que tocalas ¡Din, dan! ¡Din,dan!
– ¿Isto que son orellas ou campás?
– Orellas.
– As orellas hai que comelas ¡Ñam, ñam, ñam, ñam!

O adulto pregúntalle ó/á neno/a mentres lle colle as orellas coas mans. Se a resposta é “campás” abanéalle a cabeza (din,dan). Se a resposta é “orellas” fai coma quen que llas come. Primeiro unha e despois a outra.

– ¿Isto que son orellas ou campás?
– Campás.
– ¡Pois a tocalas! ¡Din, dan! ¡Din,dan!
– ¿Isto que son orellas ou campás?
– Orellas.
– ¡Pois a estiralas!

O adulto pregúntalle ó/á neno/a mentres lle colle as orellas coas mans. Se a resposta é “campás” móvelle a cabeza dun lado a outro. Se a resposta é “orellas” dálle uns tironciños.

Carmen, de Santiso

Compáteo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies