Gato, ¿dásme o rabo?

Gato, ¿dásme o rabo?

– Gato, ¿dásme o rabo?
– Se me dás leite.
– Vaca, ¿dásme leite
pra lle dar ó gato
pra que me dea o rabo?
– Se me dás herba.
– Herbeira, ¿dásme herba
pra lle dar á vaca
pra que me dea leite
pra lle dar ó gato
pra que me dea o rabo?
– Se me dás auga.
– Pozo, ¿dásme auga
pra lle dar á herbeira,
pra que me dea herba,
pra lle levar á vaca,
pra que me dea leite,
pra lle dar ó gato
pra que me dea o rabo?
– Se quere o mozo.
– Mozo, ¿dásme o pozo
pra que me dea auga
pra lle dar á herbeira
pra que me dea herba
pra lle dar á vaca
pra que me dea leite
pra lle dar ó gato
pra que me dea o rabo?

Camilo Neira, de San Miguel de Sarandón – Vedra

Compáteo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies