Febreiro

Ilustración do dito

Febreiro

Febreiriño corzo,
cos seus vinte e oito,
se dura máis catro,
non queda can nin gato,
nin rato dentro do burato.

Esther, de Ourense


Febreiro febroso
cos seus vinte e oito.
Se leva máis catro
non queda can nin gato.

Teresa de Lérez


Febreiriño curto,
cos teus días vinte e oito;
se duras máis catro,
non queda can nin gato,
nin ratiño no burato,
nin ovella rabela,
nin pastor para ir con ela,
nin cornos ó carneiro,
nin orellas ó pregoeiro.

M. Barrio – E. Rodríguez: “Diccionario”.


Dixo no monte unha vella:
“Vaite, febreiriño curto,
cos teus días vinte e oito
que, se tiveses máis catro
non quedaba can nin gato”
Febreiro contestou moito:
“Os teus becerriños oito
deixa que meu irmán marzo
hachos de volver en catro”.

M. Barrio – M. Valladares: “Diccionario…”

Compáteo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies