Toca palmiñas,
que vén o papá.
Toca palmiñas,
que logo virá.
O adulto recita dando palmas para que o/a neno/a o imite.
M. Barrio... Ler máis
¡Arre, burriquiño!
Vamos a Belén.
Que mañá e festa,
pasado tamén.
¡Arre, arre, arre,
que chegamos tarde!
M. Barrio – Eladio Rodríguez: “Diccionario…”
Ler máis
Durme, meu roliño, durme,
durme, durme, meu rolo,
e cando espertes dime
se hai berce como o colo.
M. Barrio – C. Sampedro:... Ler máis
Arrunrún, cascarrún,
hoxe non
e mañá si.
E dálle do mar
e dálle da Ría,
que está na cama
o pai desta cría.
E dálle da... Ler máis
Dínculin, dínculin
dínculin, dan.
¿Quen morreu?
O tío Xan
coas ciroliñas na man
Dínculin, dínculin,
dínculin, dan.
Eva Otero, Rianxo
Ler máis
Dedín, dedín,
samarroquín,
rabo de rula,
mazarula,
cando o rei
por aquí pasou,
todas as damas
conquistou,
menos unha que
queedouuuuu.
A medida que se recita vanse tocando e... Ler máis
Este neno ten soniño,
ten ganiñas de durmir,
ten un olliño pechado,
outro xa non pode abrir.
M. Barrio – E.M. Torner :... Ler máis
Imos de paseo
co gato no seo
e se nos rabuña
cortámoslle as uñas;
e se nos mauea
cortámoslle as meas.
Cóllese o/a meniño/a polas... Ler máis
Tantarantán, tantarantiña,
o que non pensa non ten cabeciña.
Tantarantán, tantarantola,
o que non pensa non ten cabezola.
Andrea Vallejo, de Simes –... Ler máis
O meu neno está durmindo
e hai que andar “devagare”,
pois se non o coitadiño
esperta e rompe a “chorare”.
M. Barrio –... Ler máis
1 Comentario
Cantouna a miña avoa. Aínda hoxe encántame cando a canta, xa con 96 anos!