Este queixo queixolán.
Esta boca pide pan.
Este “narís” pis, pis.
Estes ollos revirollos.
Esta testa “testaruda”…
¡e este peliño de burra!
Como no anterior,... Ler máis
Tantarantán, tarantán tarantiña,
o que non come non ten barriguiña.
Tantarantán, tantarantán, tantarantola
o que non come non ten barrigola.
M. Barrio –... Ler máis
Durme, meu solciño, durme,
para que eu poida traballar.
Teño que lavar os panos,
peneirar e amasar.
M. Barrio – X. Lorenzo: “Cantigueiro…”
Ler máis
Este queixo queixo é.
Esta boca come pan.
Este ollo reberete
e este outro seu irmán.
¡Tira, “ghabilán”!
A nosa memoria- Marín
Ler máis
-¿Quen é ese que anda no postigo?
– Meu maridiño deitado comigo, arrunrún.
– ¿Quen é ese que peta á ventá?
–... Ler máis
Queres que che faga a boaventura?
A boaventura
que Deus che ha de dar,
se che pica a mosca
terás que rascar.
O adulto... Ler máis
Rou, rou, xouxigou,
ti que vas
e eu que vou.
Rico Verea, Manuel: “Tantarantán…”
Ler máis
Rivi, rivi, rivirola,
se non queres calar, chora.
Rico Verea, Manuel: “Tantarantán…”
Ler máis
Orelliña, vaite á leña.
Que chova, que neve,
non veñas sen ela.
A persoa maior colle cos dedos a orelliña do/a neno/a... Ler máis
Durme, meu neno, durme,
durme, meu pequeniño,
que teu pai ha de traerche
da ribeira un paxariño.
M. Barrio – J. Casal y... Ler máis
Deixa unha resposta