Durme, ruliño
Durme, ruliño,
se dormes moito
hei de mercarche
un garridiño
no dezaoito.
E, e, e, e, e,
que atranca de pé.
E, e, e, e, e.
Durme, ruliño,
se dormes moito
hei de mercarche
un garridiño
no dezaoito.
E, e, e, e, e,
que atranca de pé.
E, e, e, e, e.
M. Barrio – E: Carré Aldao: “Literatura gallega…”
Ven, sonín, ven polo carqueixedo. Ven, sonín, ven e durme esta nena. Hai un dito relacionado con este arrolo que se lles di ós/ás... Ler máis
Queres que che faga a boaventura? A boaventura que Deus che ha de dar, se che pica a mosca terás que rascar. O adulto... Ler máis
¡Ai, que meniña, que nena preciosa! Despois de lavada, parece unha rosa; e este meniño que teño no colo despois de lavado parece un repolo. Blanco, Domingo:... Ler máis
Este foi ó mar e non pescou nada. Este foi ó mar e pescou unha pescada. Este quedou en terra e... Ler máis
Serra, Martiño, serra, Martiño, ti polo pan e eu polo viño. Serra, Martiño, sérrame o pan, sérrame o viño, sérrame a man. M. Barrio – M. Fernández... Ler máis
Arre, bestiña, á casa da madriña a tomar a boliña que está cocidiña. Arre, bestón, á casa de Antón a tomar o bolón que está cocedón. Na... Ler máis
Un, dous, tres, catro, cinco, seis, sete, oito, nove, dez, once, doce, trece, catorce, quince, dezaseis, dezasete, dezaoito, dezanove e vinte, vinte e unha,... Ler máis
Durme, meu meniño, durme, durme se queres durmir. O teu pai vaiche na eira, a túa nai logo ha de vir. M. Barrio... Ler máis
Entre bicos e cantigas hei de durmir o meu neno. Farei “namentra” o traballo que por “faguer” aínda teño. M. Barrio – X.... Ler máis
Esta testa testalán, estes ollos pete, pete, este “narís narisán”, esta boca pide pan, este queixo queixolán. ¡Turra polo capitán! Isto fáiselle a un meniño,... Ler máis
(2) Comentarios
Qué e un garridiño?
é un pequeno regalo que se lles fai aos nenos.