Debaixo dunha pipa tinta
Debaixo dunha pipa tinta
hai unha pita pinta;
cando a pipa tinta pinga,
a pita pinta pía.
Debaixo dunha pipa tinta
hai unha pita pinta;
cando a pipa tinta pinga,
a pita pinta pía.
Xirarga, de Beluso-Bueu
Unha pega rebordá puxo un ovo na quintá, puxo un e rebordou, puxo dous e rebordou, puxo tres e rebordou… (ata quedar sen... Ler máis
– ¿Acórdache a corda? – ¡Acorda a corda! Amelia de Forcarei. Ler máis
– Ten tinta, Antón? – Tinta Antón ten. Ler máis
Pasei polo río, polo río pasei. Pillei cordóns cordóns pillei. Ramón Fontenla e Virtudes Caamaño, de Valiñas – Barro Ler máis
Nai e filla foron á misa; nai pisa palla; palla pisa filla. Ler máis
Unha vella mufella mufella fifirifella de mi carantella tivo un fillo mufillo mufillo fifirifillo de mi carantillo. Mandouno á caza mufaza... Ler máis
Caeu unha “chica” ó chan. José, de Marín (máis…) Ler máis
Cinco guifos novos mafigaños amafigañaron unha guifa vella mafigaña e veu o guifo vello mafigaño e amafigañou os cinco guifos novos mafigaños porque... Ler máis
Tangarrangandán, morreu o tangueiro. Tangarrangandán, deixalo morrer. Tangarrangandán, un tangueiro novo, Tangarrangandán, ha volver nacer. Ler máis
Gancho reviragancho, que tanto revigarancheaches, deixa que te desreviraganchee con este desreviraganchiño que teño para desreviraganchear ganchos reviragancheados nas ramas do carballal. Ler máis
Deixa unha resposta