Chucuruchú, ¿onde vai a vella?

Chucuruchú, ¿onde vai a vella?

– Chucuruchú, ¿onde vai a vella?
– Chucuruchú, a Redondela.
– Chucuruchú, ¿que foi facer?
– Chucuruchú, buscar o sal.
– Chucuruchú, ¿para que serve o sal?
– Chucuruchú, para facer o caldo.
– Chucuruchú, ¿para que é o caldo?
– Chucuruchú, para lle dar ó can.
– Chucuruchú, ¿para que é o can?
– Chucuruchú, para gardar a vaca.
– Chucuruchú, ¿para que é a vaca?
– Chucuruchú, para dar o leite.
– Chucuruchú, ¿para que é o leite?
– Chucuruchú, para lle dar ó gato.
– Chucuruchú, ¿para que é o gato?
– Chucuruchú, para comer o rato.
– Chucuruchú, ¿para que é o rato?
– Chucuruchú, para rillar o fol.
– Chucuruchú, ¿para que é o fol?
– Chucuruchú, para gardar o gran.
– Chucuruchú, ¿para que é o gran?
– Chucuruchú, para facer o pan.
– Chucuruchú, ¿para que é o pan?
– Chucuruchú, para lle dar ó cura.
– Chucuruchú, ¿para que é o cura?
– Chucuruchú, para dicir a misa.
– Chucuruchú, ¿para que é a misa?
– Chucuruchú, para nos salvar.

Mª Celeste Carrera Domínguez

Compáteo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies