Charla sobre os ditos infantís tradicionais na EOI de Pontevedra

Carlos Yus

Charla sobre os ditos infantís tradicionais na EOI de Pontevedra

Este mércores, 26 de novembro, ás 20.00 h, no salón de actos da Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra, terá lugar a charla “Orella pendella, para xogar cos ditos infantís de sempre”, a cargo de Carlos Yus, coordinador de contidos de Orella pendella.

A través desta páxina, elaborada coas achegas de persoas de toda a xeografía galega, farase un percorrido polo riquísimo folclore infantil de tradición oral que temos na nosa terra, desde os ditos máis sinxelos e tenros para xogar cos bebés ata os entrambilicados trabalinguas para poñer a proba a destreza verbal dos máis vellos.

É unha boa ocasión para coñecer este tesouro creado ao longo do tempo polo pobo galego e comprobar que pode seguir sendo unha ferramenta educativa e de lecer fundamental para os/as galegos/as do século XXI.

Compáteo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies