Charla de Carlos Yus no VI Curso sobre Educación Infantil na Mariña

Charla de Carlos Yus no VI Curso sobre Educación Infantil na Mariña

Carlos Yus responsable de contidos de Orella pendella deu unha charla sobre a páxina co título Orella pendella, para xogar cos ditos infantís de sempre.

A intervención tivo lugar o domingo 24 de xuño ás 12,00 h no Salón do Cine-Teatro de Ribadeo dentro do VI Curso temático de verán sobre Educación Infantil na Mariña titulado Literatura infantil, algo máis que conto, organizado do 22 ó 24 de xuño de 2012 pola Universidade da Coruña, o IES Dionisio Gamallo Fierro e o Concello de Ribadeo.

O curso estaba dirixido a mestres/as diplomados/as e estudantes de Maxisterio, técnicos/as en Educación Infantil ou en Xardín de Infancia, Alumnado do Ciclo de Grao Superior en E. I., Auxiliares Coidadores/as de Escolas Infantís e Persoal de SS SS.

O acto contou coa asistencia e participación de numerosas persoas interesadas en coñecer mellor a nosa tradición oral e en transmitírllela ós nenos e nenas. Moitas delas achegaron ditos novos e variantes doutros xa recollidos e comprometéronse a envialos á web. O equipo de Orella pendella agradece a súa participación e interese.

Compáteo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies