Charla de Carlos Yus nas I Xornadas de Educación Infantil: unha andaina para o encontro

Charla de Carlos Yus nas I Xornadas de Educación Infantil: unha andaina para o encontro

Carlos Yus responsable de contidos de Orella pendella deu unha charla sobre a páxina co título “Orella pendella, para xogar cos ditos infantís de sempre”.

A intervención tivo lugar o sábado 27 de abril ás 10.30 h no CEIP Santiago Apóstolo de Santiago de Compostela dentro das I Xornadas de Educación Infantil: unha andaina para o encontro, organizadas pola Asociación Educativa Galega de Técnicas Superiores en Educación Infantil e pola Escola de Ensino Galego Semente.

As xornadas estaban dirixidas a técnicos/as en Educación Infantil ou en Xardín de Infancia, Alumnado do Ciclo de Grao Superior en E. I., Auxiliares Coidadores/as de Escolas Infantís e Persoal de SS SS. e a mestres/as diplomados/as e estudantes de Maxisterio.

O acto contou coa asistencia e participación de numerosas persoas interesadas en coñecer mellor a nosa tradición oral e en transmitírllela ós nenos e nenas. Moitas delas achegaron ditos novos e variantes doutros xa recollidos e comprometéronse a envialos á web. O equipo de Orella pendella agradece a súa participación e interese.

Compáteo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies