Xogos

Xogos de pillar, danzados, de corda, para atinar…

Serra, serra, miña “cansela”

Serra, serra, miña “cansela”,
ti polo mar e eu pola terra.

Dous rapaces/as están sentados/as no chan, un fronte ó outro coas pernas estiradas e tocándose cos pés. Agárranse das mans e mentres un se deixa caer para atrás o outro tira por el e viceversa. Márcase o ritmo dunha serra.

Ana de Vilariño (Poio)

Pilla galiñas

– ¡Ai, comadre, roubáronme as galiñas…!
– ¡Ai! Eu non fun. Estas galiñas son miñas…
– ¡De iso nada! Esas son as miñas.
– Bótalles millo a ver se van detrás de ti.
(A raposa bota millo e chámaas, sen que as galiñas lle obedezan):
– ¡Pitas, pitas, pitas…!
(A labrega, entón, chama polas galiñas):
– ¡Pitas, pitas, pitas…!
(As galiñas acoden e a raposa foxe).

Danzados en roda

As abelliñas de San Miguel

As abelliñas de San Miguel
andan todas arredor do mel
e de mel e de “melacha”
o que ría ponse de cachas!

Mentres a roda xira, vaise cantando a copla e, ao rematar esta, as nenas e nenos intentan facer rir os demais facendo carantoñas e monadas. Quen ría terá que poñerse de cachas e xirar deste xeito. O xogo remata cando só queda unha persoa sen rir.

Helena, de Xeve – Pontevedra

(máis…)