Sobre Orella Pendella

Sobre Orella Pendella, colaboracións e reseñas nos medios

Agradecementos

  • A Maruxa Barrio e Enrique Harguindey, autores dun dos libros básicos para a recuperación do noso folclore infantil tradicional: “Lerias e enredos para os máis pequenos”.
  • A Mini e Mero, cantores, descubridores e repartidores dos tesouros da nosa literatura oral.
  • A Paco Veiga e a todas as persoas entusiastas que traballan na recuperación e difusión dos nosos xogos tradicionais.
  • Ós Titiriteros de Binéfar, artesáns da alegría e da diversión do teatro e da música populares.
  • A Manuela, a Balles e a todas as persoas que fan funcionar a fábrica de soños da Editorial Kalandraka.
  • A Sabela, traballadora infatigable e xenerosa a prol da nosa lingua e da nosa cultura.
  • A Amelia, Helena, Teresa e a todas as persoas que compartiron e compartirán connosco os seus ditos e recitados.
  • A Kiko, porque sen o seu enorme traballo e entusiasmo este proxecto nunca sería realidade.
  • A María, por todo, incluídos os debuxiños.

Ligazóns

Migallas. Grupo de teatro.
Compañía profesional pontevedresa con espectáculos de caracter humorístico orientados ó público familiar e adulto.
Xogos populares. Portal sobre xogos tradicionais.
Contén novas, enlaces, directório e foro.
Brinquedia. Rede Galega do Xogo Tradicional.
Asociación nacida para dar cabida a todas as entidades que traballan arredor do património lúdico galego.
Galicia Encantada. Enciclopedia da fantasía popular e tradicional.
Lendas, contos, mitos, seres e lugares máxicos, encantos, meigas, ánimas e espíritos.
Titiriteros de Binéfar. Compañia de teatro de títeres y música tradicional.
Espectáculos de sala, calle, animacion, etc.
Cultura galega. O portal da Cultura Galega.
Noticias de última hora en galego sobre a actualidade cultural de Galicia, internacional, novas tecnoloxías, audiovisual, literatura, banda deseñada…
Musicas da Ulla. Espazo galego de libre expresión.
Música, festivais, actividades culturais, arquitectura, escultura, fotografía, audiovisuais, etc.
Proxecto Q. Ou a alma do mundo a remoer na consciencia.
Relatos e ligazóns relacionadas coa literatura.
Xosé Vidal. Recursos educativos para mestres (Ed. InfantiI e Primaria)
Atención á diversidade, orientación, recursos e ferramentas educativas.
Aula blogue
Blog dunha mestra de educación infantil do colexio Emilia Pardo Bazán, de A Coruña.

(máis…)

Que é orella pendella?

Con esta páxina queremos difundir a literatura popular infantil de Galicia para que siga sendo unha ferramenta educativa e de lecer para os/as galegos/as do século XXI.

Na lingua galega hai infinidade de ditos, recitados, cancións, etc. que acompañaron desde hai séculos as brincadeiras dos/as nenos/as ou as relacións entre os membros maiores da familia e os máis pequenos. (máis…)

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.