Noticias

Charla de Carlos Yus nas I Xornadas de Educación Infantil: unha andaina para o encontro

Carlos Yus responsable de contidos de Orella pendella deu unha charla sobre a páxina co título “Orella pendella, para xogar cos ditos infantís de sempre”.

A intervención tivo lugar o sábado 27 de abril ás 10.30 h no CEIP Santiago Apóstolo de Santiago de Compostela dentro das I Xornadas de Educación Infantil: unha andaina para o encontro, organizadas pola Asociación Educativa Galega de Técnicas Superiores en Educación Infantil e pola Escola de Ensino Galego Semente. (máis…)

Charla de Carlos Yus no VI Curso sobre Educación Infantil na Mariña

Carlos Yus responsable de contidos de Orella pendella deu unha charla sobre a páxina co título Orella pendella, para xogar cos ditos infantís de sempre.

A intervención tivo lugar o domingo 24 de xuño ás 12,00 h no Salón do Cine-Teatro de Ribadeo dentro do VI Curso temático de verán sobre Educación Infantil na Mariña titulado Literatura infantil, algo máis que conto, organizado do 22 ó 24 de xuño de 2012 pola Universidade da Coruña, o IES Dionisio Gamallo Fierro e o Concello de Ribadeo. (máis…)

A compañia “migallas teatro” edita o libro “un avó especial”

O libro “Un avó especial” está baseado na obra teatral do mesmo nome que a compañía “Migallas Teatro” creou no ano 2005 co asesoramento de AFAPO (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Pontevedra), e que continúa representando, co obxectivo de axudarlles aos nenos e nenas a comprender mellor a doenza do Alzheimer. (máis…)

Charla nas XI xornadas de expresión oral

Logotipo de Tíralle da lingua
Carlos Yus responsable de contidos de Orella deu unha charla sobre a páxina nas XI xornadas de expresión oral organizadas pola AS-PG, dentro do proxecto “Tíralle da língua”.

A intervención, o pasado 20 de novembro no museo do pobo galego, contou coa asistencia de numeroso público, interesado en coñecer a nosa tradición oral e poder transmitirllela ós nenos e nenas.

Orella pendella en Lingua de amor

Orella pendella, para xogar cos ditos infantís de sempre

Lingua de Amor é un proxecto do Consello da Xuventude de Galicia que naceu no ano 2007 co fin de normalizar e dinamizar a lingua e a cultura galegas entre os mozos e mozas deste país. Xestionado polo Servizo de Normalización Lingüística do Consello da Xuventude de Galicia, a páxina Lingua de Amor pretende fomentar e divulgar a nosa lingua e cultura entre a mocidade galega. (máis…)

O noso Nadal, galego e verde

Orella pendella colabora coa guía do Consello da Xuventude de Galicia para vivir un Nadal integramente en galego e respectuoso co medio.

Coa edición da guía O noso Nadal, galego e verde o CXG pretende animar a todas as persoas a vivir un Nadal propio, autóctono e a gozar destas datas, xunto coa xente que queremos, respectando o medio e as tradicións, porque Galicia é unha terra hospitalaria, amigable, galega e verde grazas ás súas xentes que século tras século souberon gozar da súa terra dun xeito san e natural, respectando as súas orixes e peculiaridades. (máis…)

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas mellor experiencia de usuario. Se continúas navegando considérase a aceptación da nosa política de cookies. Máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies