Cabaliño que vas de a cabalo
Cabaliño que vas de a cabalo,
sete muxicas che peten no rabo.
Sete por riba,
sete por baixo,
alá vai (nome do neno/a) do cabalo abaixo.
Cabaliño que vas de a cabalo,
sete muxicas che peten no rabo.
Sete por riba,
sete por baixo,
alá vai (nome do neno/a) do cabalo abaixo.
Mari, de Cedeira – Redondela
Dínculin, dínculin
dínculin, dan.
¿Quen morreu?
O tío Xan
coas ciroliñas na man
Dínculin, dínculin,
dínculin, dan.
Eva Otero, Rianxo
Alto cabalo
que vas para Leiro,
que levas a filla
de Pepe o leiteiro.
Eva Otero, Rianxo
Arre, bestiña,
á casa da madriña
a tomar a boliña
que está cocidiña.
Arre, bestón,
á casa de Antón
a tomar o bolón
que está cocedón.
Na primeira estrofa o adulto imita coas pernas o trote dun cabalo que vai amodo e, na segunda, as pernas van a galope.
Purificación Porta, de Vilalba
Un, dous, tres, catro,
cinco, seis, sete, oito,
nove, dez, once, doce,
trece, catorce, quince, dezaseis,
dezasete, dezaoito, dezanove e vinte,
vinte e unha, “aceituna”;
vinte e dous, arroz;
vinte e tres, “san” Andrés;
vinte e catro, maragato;
vinte e cinco,
Carlos V
foi á guerra
montadiño
nunha cadela.
A cadela caeu
e Carlos V alí quedou.
Miro, de Valeixe – A Caniza
Arre, cabaliño.
Arre, burro, arre.
Arre, cabaliño,
que chegamos tarde.
Tres por riba,
tres por baixo,
ata que caias
do cabalo abaixo.
O/a neno/a cabalga na perna do adulto mentres este recita. Cando di: ¡abaixo! agárrao forte polas mans e simula que o deixa caer.
A nosa memoria- Marín
Rosiña foi a París
nun cabalo gris
ó paso, ó trote,
ó galope, galope, galope.
O/a neno/a cabalga sentado na perna do adulto fronte a el e collidos polas mans. A persoa maior vai acelerando o ritmo dos chimpos: “ó paso” (un chimpo); “ó trote” (outro chimpo); “ó galope, galope, galope” (moitos chimpos).
¡Arre, burriquiño!
Vamos a Belén.
Que mañá e festa,
pasado tamén.
¡Arre, arre, arre,
que chegamos tarde!
M. Barrio – Eladio Rodríguez: “Diccionario…”
Arre, cabaliño,
para o Santiaguiño,
buscar pan e viño
para este meniño.
M. Barrio – I. Rielo: “Cancioneiro da Terra Chá (Pol)”
Toca a corneta,
toca o berimbao,
o neno bonito
ten o cu de pau.
M. Barrio – M. Fernández Costas:: “Juegos…