Este meniño pequeno
Este meniño pequeno
quen o ha de aturular,
súa nai vai no muíño
e seu pai vai traballar.
Ea, ea, ea…
Este meniño pequeno
quen o ha de aturular,
súa nai vai no muíño
e seu pai vai traballar.
Ea, ea, ea…
A nosa memoria- Marín
Heille de dar a meu neno
cocidiño con repolo,
as orellas dunha pulga,
as costelas dun piollo.
Blanco, Domingo: “A poesía popular…”
“Dúrmete”, meu neniño,
“dúrmete”, meu meniño,
que aí vén o cocón
a levar os nenos
que non dormen, non.
Blanco, Domingo: “A poesía popular…”
¡Ai, que meniña,
que nena preciosa!
Despois de lavada,
parece unha rosa;
e este meniño
que teño no colo
despois de lavado
parece un repolo.
Blanco, Domingo: “A poesía popular…”
Río Miño,
vai caladiño,
non me espertes
o meu meniño.
M. Barrio – V. Risco: “Etnografía…”
Paxariños que voades
polas follas dos loureiros,
deixade durmir o neno,
que está no sono primeiro.
M. Barrio – Torner: “Cancionero…”
O meu neno está durmindo
e hai que andar “devagare”,
pois se non o coitadiño
esperta e rompe a “chorare”.
M. Barrio – X. Lorenzo: “Cantigueiro…”
O meu meniño é pequeno.
Heino de aprender a todo:
a amasar e a peneirar
e a que quente ben o forno.
M. Barrio – X. Lorenzo: “Cantigueiro…”
O meniño “quer” durmir,
súa nai estalle cantando.
Durme, meu ruliño, durme,
que eu te estarei arrolando.
M. Barrio – J. Casal: “Cancionero…”
Non te troco, meu meniño,
non te troco, meu amor,
nin pola prata da lúa,
nin polo ouro do sol.
M. Barrio – R. Cabanillas: “Antífona…”