Cancións diversas

Cancións diversas

O piollo e a pulga

O piollo e a pulga querían casar. (Bis)
Non tiñan panciño para “escomenzar”. (Bis)
Saíu a formiga do seu formigueiro: (Bis)
– “Mandaime” recado que eu son panadeiro. (Bis)

– ¡Ai, miña vidiña, panciño xa temos! (Bis)
Fáltanos carniña. ¿Onde a atoparemos? (Bis)
E saíu o lobo detrás dun outeiro: (Bis)
– “Mandaime” recado que eu son carniceiro. (Bis)

– ¡Ai, miña vidiña, carniña xa temos! (Bis)
Fáltannos manteis. ¿Onde atoparemos? (Bis)
E saíu a araña da súa arañeira: (Bis)
– Sígase esa voda que eu son tecedeira.

-¡Ai, miña vidiña, manteis xa temos! (Bis)
Fáltanos gaiteiro. ¿Onde o atoparemos? (Bis)
E saíu o grilo dende o seu “buxeiro” (Bis)
– Por iso non quede, que eu son o gaiteiro. (Bis)

-¡Ai, miña vidiña, gaiteiro xa temos! (Bis)
Fáltanos madriña. ¿Onde a atoparemos? (Bis)
E saíu a ra da poza veciña: (Bis)
– Sígase esa voda que eu son a madriña. (Bis)

-¡Ai, miña vidiña, madriña xa temos! (Bis)
– Fáltanos padriño. ¿Onde o atoparemos? (Bis)
E saíu o rato do seu buraquiño: (Bis)
– Se prenden o gato, eu serei padriño (Bis)

No medio da voda, con tanto ruído (Bis)
espertou o gato e comeu o padriño. (Bis)

Casto Sampedro: “Cancioneiro….”

O señor don gato (varias versións)

Estando o señor don Gato
en “silla” de ouro sentado,
calzando medias de seda
e zapatos colorados
recibiu unha noticia
que había de ser casado
cunha gatiña morena
que tiña o dote no rabo.

O gato coa alegría
“subíuse” no tellado.
Foi a pulga e deulle un couce,
tirouno “pra” o outro lado.
Partiulle sete costelas
e a metade do espiñazo
e logo mandou chamar
curas e mais escribanos
“pra” facer o testamento
do que tiña mal roubado:

Sete varas de legüizas,
outro tanto de adubado,
cinco cuartillos de aceite
“pra” facer un bo guisado.
Se preguntan quen morreu,
que morreu un “desdichado”;
non morreu de mal de amores
nin tampouco de costado.
Foi do couce dunha pulga
que é un mal desesperado.

M. Barrio- X. Ramón e Fernández en “Santa Marta de Moreiras”

(máis…)