Burlas, disparates e mentiras
Na miña vida tal vin
Na miña vida tal vin:
na feira de mentiráns
unha cadela con pitos,
unha galiña con cans.
Burlas, disparates e mentiras
Na miña vida tal vin:
na feira de mentiráns
unha cadela con pitos,
unha galiña con cans.
M. Barrio – J. casal y Lois: “Cancionero…”.
Polo río abaixo
polo río arriba
polo río abaixo
vai unha sardiña;
vai unha sardiña,
vai un pexegueiro
que leva pexegos
no mes de xaneiro.
M. Barrio – X. Lorenzo: “Cantigueiro…”
Polo mar abaixo
vai unha formiga
cunha man na testa
outra na barriga.
M. Barrio – J. casal y Lois: “Cancionero…”.
Polo mar abaixo
vai unha raposa,
leva o cu rachado,
non hai quen llo cosa.
Rico Verea, Manuel: ”Cancioneiro…”
O piollo está malo,
a pulga está parida,
aí vén a carrapata
coa espiñela caída.
M. Barrio – J. Sobreira: “Papeletas…”
O pisco e mais a carriza
trataron unha bailada:
cando o pisco daba voltas
a carriza punteaba.
M. Barrio – X. Lorenzo: “Cantigueiro…”
Unha vez era un home
que ía polo monte,
¿queres que cho conte?
M. Barrio – M. Fernández Costas: “Juegos…”
Unha vez era un cesto e un frade
e titiridalle e titiridalle.
Outra vez era un frade e un cesto
e o meu conto acábase “nesto”.
M. Barrio – V. Risco: “Etnografía…”
Unha vez era unha muller e un cesto
e non sei máis “desto”.
Unha vez era unha muller e unha canada
e non sei máis nada.
M. Barrrio: “Contos populares da provincia de Lugo”
“Padrenuestro,
que estás en los cielos”.
Ábreme a porta
que traio xurelos.
Helena de Soutomaior.